CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

 

O campamento de verán é unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto, un xeito de vida saudable e o achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura.

 

 DESTINATARIOS

 

Este servizo está dirixido aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

 

Condicións para solicitar o servizo:

 

• Usuarios/as empadroados/as no Concello de A Fonsagrada.

 

De existir máis prazas que solicitudes poderán acceder ao servizo:

 

• Usuarios/as non empadroados/as, que están matriculados/as no Centro Educativo de A Fonsagrada ou os seus pais traballen no termo municipal. (Achegar documentación acreditativa da empresa ou centro educativo no momento da inscrición).

 

• Usuarios/as non empadroados/as.

 

IMPORTANTE

A documentación do Programa do Campamento de Verán 2024 poderá obterse na páxina web www.afonsagrada.org  e de xeito excepcional poderá recollerse na Casa do Concello.

 

 

 INSCRICIÓN

 

Ábrese un prazo de inscrición do día 14 ao 28 de xuño inclusive de 2024.

 

 

De selo caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade  deberase axuntar un informe do centro de estudos ou certificado da empresa para os/as nenos/as que non estando empadroados/as, están matriculados/as nun centro educativo de A Fonsagrada ou os seus pais traballan no termo municipal.

 

Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos. Non se admiten solicitudes con documentación incompleta.

 

Documentación a presentar:

    • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. (Preme enriba das palabras impreso de matrícula e poderás descargalo)

    • Copia da tarxeta sanitaria.

    • Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

    • Fotografía ou copia a cor dunha fotografía recente.

 

Presentarase  a instancia no rexistro do Concello ou na sede electrónica municipal no apartado  de "Inscrición en Actividades e Cursos" achegando o impreso de matrícula que aparece nesta web cumprimentado.

 

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS

 

A efectos de información e posibles reclamacións publicarase a lista provisional de admitidos/as na páxina web municipal e nos taboleiros oficiais do concello, sobre a que se poderán facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o 05 de xullo.

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

 

• Directa por estrita orde de recepción das solicitudes

• Abrirase unha lista de agarda no caso de que a demanda supere o número de prazas.

 

LISTA DE AGARDA E CHAMAMENTO

 

As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista. Realizaranse tres chamadas entre as 9h e 14h aos números que se facilitaron na inscrición. De non ter resposta do/a interesado/a nun prazo de 24 horas, este será dado de baixa e procederase a chamar ao seguinte da lista. Recibida a comunicación e aceptada a praza, procederase á efectuar a matrícula e o pagamento.

 

 

PREZOS E PAGAMENTO

 

O pagamento será liquidado na entidade bancaria ABANCA. Avisarase vía correo electrónico ou teléfonicamente no momento en que teñan que efectuar o pagamento. O pagamento non se fará no momento de matrícula.

 

De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

 

Opción A: Do 15 ao 31 de xullo de 2024 Cota: 75€

Opción B: Do 1 ao 16 de agosto de 2024 Cota: 75€

Opción C: Do 15 de xullo ao 16 de agosto de 2024 Cota: 150€

 

No concepto da entidade ABANCA teñen que indicar o nome e apelidos do usuario e a opción á que se matriculou.

 

 

BENEFICIOS FISCAIS

 

Establécense a seguinte bonificación:

• Bonificación do 50% da taxa: para familias numerosas, segundo a súa definición contemplada na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

 

 

 

 

 RENUNCIA A PRAZA E DEVOLUCIÓN DA TAXA

 

No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.

As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa  de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

A omisión, falsidade dos datos o dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.