O campamento de verán é unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal
concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as das ferramentas precisas para lograr a
súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto, un xeito
de vida saudable e o achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura.
A situación de crise sanitaria xerada pola COVID-19, fai que os campamentos se deban
adaptar ás novas necesidades, polo que se deberán ter en conta medidas de prevención tales
como a reducción de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os
equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se
poderán levar a cabo sen risco de contaxios.
O servizo de campamento de verán 2022 desenvolverase tendo en conta e respectando as
recomendacións da normativa de seguridade e saúde en vigor.

  •  DESTINATARIOS

Este servizo está dirixido aos nenos nacidos dende o 01 de xaneiro de 2011 ata o 14 de xullo
de 2018 ambos incluídos.
Condicións para solicitar o servizo:
• Usuarios/as empadroados/as no Concello de A Fonsagrada.
De existir máis prazas que solicitudes poderán acceder ao servizo:
• Usuarios/as non empadroados/as, que están matriculados/as nun centro
Educativo de A Fonsagrada ou os seus pais traballen no termo municipal. (Achegar
documentación acreditativa da empresa ou centro educativo no momento da inscrición).
• Usuarios/as non empadroados/as.
IMPORTANTE
A documentación do Programa do Campamento de Verán 2022 poderá obterse na páxina web
www.afonsagrada.org e de xeito excepcional poderá recollerse nas Oficinas Municipais.

  •  INSCRICIÓN

Ábrese un prazo de inscrición do 1 ao 15 de xuño.
De selo caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade deberase axuntar un informe
do centro de estudos ou certificado da empresa para os/as nenos/as que non estando
empadroados/as, están matriculados/as nun centro educativo de A Fonsagrada ou os seus pais
traballan no termo municipal.
Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos.

Documentación a presentar:
Impreso de matrícula debidamente cumprimentado
• Copia da tarxeta sanitaria.
• Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).
• Fotografía ou copia a cor dunha fotografía recente.
Presentarase no rexistro do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas

 

  • PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS

A efectos de información e posibles reclamacións publicarase a lista provisional de
admitidos/as na páxina web municipal e nos taboleiros oficiais do concello, sobre a que se
poderán facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o 17 de xuño.

 

  • ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

• Directa por estrita orde de recepción das solicitudes
• Abrirase unha lista de agarda no caso de que a demanda supere o número de prazas.

 

  • LISTA DE AGARDA E CHAMAMENTO

As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista.
Realizaranse tres chamadas entre as 9h e 14h aos números que se facilitaron na inscrición. De
non ter resposta do/a interesado/a nun prazo de 24 horas, este será dado de baixa e
procederase a chamar ao seguinte da lista. Recibida a comunicación e aceptada a praza,
procederase á efectuar a matrícula e o pagamento.

 

  •  PREZOS E PAGAMENTO

O pagamento será liquidado na entidade bancaria ABANCA. Avisarase vía correo
electrónico ou teléfonicamente no momento en que teñan que efectuar o pagamento. O
pagamento non se fará no momento de matrícula.
De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa
inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa
xustificada.
Opción A: Do 18 ao 31 de xullo de 2022 Cota: 50€
Opción B: Do 1 ao 14 de agosto de 2022 Cota: 50€
Opción C: Do 18 de xullo ao 14 de agosto de 2022 Cota: 100€

O campamento  realizarase en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres no IES Vello.

 

  •  BENEFICIOS FISCAIS

Establécense a seguinte bonificación:
• Bonificación do 50% da taxa: para familias numerosas, segundo a súa definición
contemplada na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

 

 

  •  RENUNCIA A PRAZA E DEVOLUCIÓN DA TAXA

No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará
instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.
As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa
de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente
xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os
documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se
efectuarán devolucións das cantidades aboadas.
A omisión, falsidade dos datos o dos documentos achegados serán causa de denegación, con
independencia da incoación do correspondente expediente sancionador

 

Bases