O Programa Bono Impulso – Deputación de Lugo é un proxecto destinado ao fomento do consumo de bens en establecementos comerciais locais e de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolvidos por persoas empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas da Provincia de Lugo.
En total a Deputación de Lugo subvencionará 17.000 bonos para o consumo nos establecementos adheridos á campaña, a través dun bono de carácter nominativo e territorial por valor de 30€ aplicable para un consumo a partir de 60€.
Hoxe 1 de xuño abrirase o prazo onde poderán solicitar o bono calquera persoa maior de 18 anos que resida nalgún concello da provincia de Lugo. Estes deberan ser consumidos nos establecementos adheridos no seu concello de residencia.