A Deputación Provincial de Lugo, a través Servizo de Promoción Económica e Emprego, aprobou as bases da convocatoria para o Fomento do Aluguer e Creación dunha Bolsa de Vivendas Dispoñibles no Rural, a través do Programa “Y Para Vivir Lugo”. B.O.P. 26 de 31 de xaneiro de 2024.
O obxecto é a creación dunha bolsa de aluguer de vivendas para promover e fomentar o aluguer nos concellos da provincia de Lugo de menos de 5.000 habitantes, entre os que figura como concello piloto A Fonsagrada.