A Concellería de Cultura e Turismo do Concello de A Fonsagrada convoca a 9º edición do concurso de tapas, co fin de incentivar o bo facer culinario dos hosteleiros contribuíndo a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio.

Poderán participar no Concurso os establecementos de restauración legalmente establecidos situados no Concello de A Fonsagrada, calquera que sexa a súa modalidade: bar, cafetería, taberna, restaurante, etc.

Os días de celebración do concurso fixados polos hosteleiros serán do martes 21 ao sábado 25 de xuño de 2022. O horario do certame será de 19:30 a 23:00 horas.

A inscrición ao concurso é de 25€ e realizarase por escrito no formulario de inscrición, sendo necesario o enchemento de todos os datos. Devandito formulario deberá rexistrarse na Casa do Concello no prazo do 2 ao 9 de xuño de 2022 xunto co xustificante da entidade bancaria Abanca indicando no concepto o nome do establecemento e Tapas 2022.

Pode descargar neste enlace as bases e o formulario de Inscrición.