Por Decreto de Alcaldía de data 06 de setembro de 2017, e visto o elevado número de alegacións presentadas durante o prazo de información pública que abarcou dende o día 01.07.2017 ao 01.19.2017 (BOP núm. 149 do 30.06.2017).

Acórdase:

Primeiro: Ampliar o prazo de información pública do inventario de camiños.

Segundo: Que se abra un período de información pública durante un mes máis, do 1 ao 31 de outubro de 2017, mediante un anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Boletín Oficial da Provincia e, ademais, no xornal O Progreso.

Durante ese prazo calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

A Fonsagrada, 07 de setembro de 2017

O Alcalde.

Argelio Fernández Queipo