Xa están publicadas as actividades ofertadas polo Concello para esta primavera. Temos aerobio, ioga e bailes de salón.
As clases de aerobio son dous días á semana, martes e xoves, en horario de 21:00 a 22:00 horas. Para formar grupo ten que haber un mínimo de 15 persoas. A cota a pagar é de 60 € o trimestre.
Bailes de salón será os mércores de 21:30 a 23:00 horas. Terá que haber 20 persoas mínimo e a cota dos meses de abril e maio é de 40 €.
As clases de ioga serán os mércores, de 20:00 a 21:00 horas. De igual maneira que nas actividades anteriores terá que haber un número mínimo de persoas, neste caso 15, para que se faga o curso. A cota a pagar é de 60 € o trimestre.
Os usuarios dos distintos cursos deberán facer un pago do importe da actividade ao inicio da mesma no Banco Sabadell, indicando o seu nome e apelidos, nome da actividade e 3º trimestre. O recibo entregarase na Oficina de Turismo ou na Casa do Concello.
Para máis información chamar ao teléfono 982.340.504