O martes, 10 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 24 de setembro. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrada de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 26 de setembro na páxina web do Concello de A Fonsagrada.
Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates e bailes de salón e ritmos latinos.
PILATES: No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
IOGA: No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
BAILE:No Antigo IES un día á semana (martes de 21:00 a 22:30 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 20 persoas.
As tarifas para o trimestre de cada actividade son de 70 euros.
Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 10 ao 24 de setembro de 2024. Realizarase na sede electrónica "Lecer, actividades e cursos" ou no rexistro da Casa do Concello. Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrada da preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 26 de setembro, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 04 de outubro de 2024 . No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.