O venres, 10 de decembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada dende xaneiro ata xuño de 2022 inclusive. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 27 de decembro. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 29 de decembro na páxina web do Concello de A Fonsagrada.
Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates, reforma de mobles, meditación e ganchillo.
- PILATES: No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
- IOGA:No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
- REFORMA DE MUEBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material abonarase directamente ao docente.
- GANCHILLO: No Antigo IES un día á semana (martes de 17:00 a 19:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas. O custe inicial do material é de 50€. O pago do material abonarase directamente á docente.
- MEDITACIÓN: No Antigo IES un día á semana (xoves de 20:15 a 21:15 horas). As clases impartiranse sempre e cando xunten un número mínimo de 15 persoas.
As tarifas para o trimestre son de 60 euros.
Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 10 ao 27 de decembro de 2021. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais.
Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.
Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 05 04 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 29 de decembro, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de xaneiro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.
Medidas de seguridade fronte a Covid-19
Cumprirase, en todo momento, coas normas hixiénico-sanitarias. Entre as que destacan: nas actividades en que se precise o uso de esteira cada usuario/a deberá levar a súa propia. Con carácter xeral non se compartirá ningún material.
O uso de máscara será obrigatorio segundo a normativa vixente en cada momento. Será obrigatorio limpar as mans cos dispensadores de xel hidroalcólico á entrada e á saída das actividades.
Non está permitido utilizar os vestiarios das instalacións deportivas e os efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para este fin.
Non poderán acceder á actividade as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.
En caso de restricións de capacidade derivadas da normativa Covid-19 completarase a capacidade permitida en rigorosa orde de inscrición. Exemplo: no suposto de que nunha actividade se limite o capacidade a 10 persoas. O primeiro día de entrada en vigor da normativa os 10 primeiros inscritos da lista poderán acudir á clase e os 10 restantes acudirán na próxima clase. Devolvéndose por este motivo a parte proporcional da cota non consumida polos participantes.