A Consellería Política Social, a través da Axencia Galega de Servizos Sociais, ven de abrir o prazo de preinscripción nas escolas infantís 0-3 anos dependentes desta Axencia. DOG. 52 de 16 de marzo de 2022
Requisitos:
- Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
- Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2022. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
- Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un tillo ou tilla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul (escolas 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da lgualdade e do Benestar) estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso nos centros da Agass.
Prazo de inscripcións: 17/03/2022 - 8/04/2022 .
Horario de atención: 10:00 - 14:00. Concertar cita previa para realizar a inscripción na Escola Infantil de A Fonsagrada no número de teléfono: 982 340 315