O día 2 de xaneiro de 2019 ábrese  o prazo para a solicitude dun posto na XXII Feira do Butelo. Dito prazo finaliza o 31 de xaneiro ás 14:00 horas.

Esta solicitude é provisional. Quere isto dicir que so con facer dita solicitude non se ten a asignación automática do posto. A confirmación da concesión aos interesados farase, dende o Concello da Fonsagrada, exclusivamente por correo electrónico.

Todas aquelas persoas ou entidades interesadas en solicitar un posto deben cubrir un formulario ao que se pode acceder dende a seguinte ligazón:

http://www.afonsagrada.org/inscripction_ferias/new/solicitude-feira-do-butelo-2019

Para calqueira dúbida ou consulta chamar ao Concello: 982.340.000