A exposición "50 anos do Belén de Begonte'' chega ao Museo Comarcal de A Fonsagrada.
Proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, resume a actividade deste Belén declarado en 2014 de Interese Turístico Galego. Conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e o Concello de Begonte. A exposición está composta por paneis que reflicten as datas e os datos máis destacados da historia do Belén.