O mércores 28 de xullo na Alameda de A Fonsagrada ás 18:00 horas teremos un espectáculo de teatro musical para público infantil e familiar financiado pola Deputación de Lugo dentro do Circuíto profesional de Teatro da provincia.

Sinopse: Lombao (que antes se chamaba Gutiérrez e cambiou de nome cando foi vivir a Outeiro de Rei) é un novo granxeiro. Decidiu deixar a vida na cidade e irse vivir ao rural. Conseguiu animais para a súa granxa e púxose a plantar. De súpeto decatouse de que empezaba a entender o que falaban os animais. Non é que falasen coma nos, pero dicían cousas e tiña que estar moi atento para entendelos. Pouco a pouco fíxose amigo do gato Federico, do galo Leodegario, de Frodo o chibo, dos gansos... Cóntalles poemas da Terra Chá e comeza a facer cancións con eles como protagonistas aínda que tamén lle canta ao vento, a choiva.... Coas cancións, Lombao vailles presentando aos nenos as particularidades de cada un dos animais que viven na granxa, dándolles unha personalidade ao tempo que debuxa unha paisaxe rural.

Duración: 45 minutos