“A Administración preto de ti”
Data: xoves, 18 de abril de 2024
Pida cita no 982 34 02 45. As citas daranse cada 10 minutos a partir das 10:30 horas.
Na Aula CeMIT da Casa da Cultura (A Fonsagrada)
Asesorámosche cos teus trámites e xestións máis habituais, resolvemos as túas dúbidas e axudámosche a obter o certificado dixital e Cl@ve permanente para que poidas relacionarte electrónicamente coas Administracións Públicas
Un novo servizo para axudar aos habitantes dos municipios con menor poboación a realizar trámites coa Administración Xeral do Estado. A partir de agora unha unidade de empregados/as públicos da Administración Xeral do Estado desprazarase ata os municipios de menor entidade co fin de achegar e mellorar a calidade na prestación de servizos públicos á cidadanía.
En que consiste este novo servizo?
O Ministerio de Política Territorial mobiliza a máis de 400 empregados/as públicos en toda España para achegar a administración dixital á cidadanía das áreas rurais. Para atender aos cidadáns e as cidadás de forma persoal, aproveitando as vantaxes da administración dixital.Os empregados públicos das Delegacións, Subdelegacións e Direccións Insulares do Goberno de España desprazaranse aos pobos para prestar os seguintes servizos:
» Realizar sesións informativas.
» Axudar e orientar a facer trámites da Administración Xeral do Estado (AXE).
» Facilitar aos cidadáns e as cidadás que o desexen a obtención de medios dixitais de firma como o certificado electrónico ou o sistema Cl@ve, que dá acceso a aplicacións como Cartafol Cidadán e á posibilidade de facer trámites de todo tipo coa Administración Xeral do Estado.
Onde se vai a aplicar?
Nunha primeira fase, este proxecto aplicarase en municipios de entre 500 e 8.000 habitantes, en total, máis de 3.200 municipios en toda España. Nas provincias con maior dispersión demográfica estenderase tamén durante a primeira fase aos municipios máis pequenos. O Goberno traballa nun convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facilitar que os concellos e entidades locais interesadas poidan sumarse á iniciativa.
A quen vai dirixido?
O novo servizo beneficiará a 7,5 millóns de persoas, dos que case o 30% son maiores de 60 anos. O Goberno é consciente de que moitas persoas senten desprazadas polo auxe no uso das novas tecnoloxías á hora de realizar trámites coas administracións. Para iso nace “A Administración preto de ti”: para corrixir esta fenda e axudar a todas as persoas, con independencia do lugar no que vivan, a realizar trámites dixitais coa Administración do Estado.
Como solicitar o novo servizo?
Se es cidadán/a acercate ao teu Concello e pide información sobre cando a unidade de “A Administración preto de ti” achegarase á túa localidade para concertar a cita.
Cales son os obxectivos?
O obxectivo do Goberno é facilitarlle a vida á cidadanía achegando a Administración do Estado á súa cidade, ao seu pobo. Queremos:
» Reforzar a cohesión social e territorial.
» Combater a fenda dixital.
» Garantir a igualdade de oportunidades.