O Concello da Fonsagrada organiza, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o 5º Concurso de Tapas da vila.
Poderase desfrutar dos distintos petiscos dende o luns 18 ata o sábado 23 de xullo (ámbolos dous incluídos) en horario de 19:30 a 23:00 horas.
Todas aquelas persoas que cubran o cupón de votación co selo dos dezaoito establecementos participarán no sorteo de tres fins de semana.