- Na primeira edición deste taller, quedouse moita xente en lista de agarda. Entón repetimos esta actividade formativa !
- Datas: 19 e 20 de outubro de 2024
- Docentes : Juan Carlos Llamazares Díaz, Enxeñeiro de Montes, propietario dun viveiro de plantas forestais e comercial agrícola e Juan José Mourís Iglesias, traballador durante 21 anos nun invernadoiro de plantas agrícolas.
- O obradoiro consta dunha parte teórica de poda de froiteiros, forestal e hortícola; enxertos e maneiras de plantar. Na parte práctica faranse exemplos de podas de fructificación e de formación e tamén dous tipos de enxertos (tomate e pemento). Se a metereoloxía o permite, faremos unha saída de campo.
- Prazas limitadas.
- Gratuíto
- Obrigatoria inscrición no seguinte formulario: https://forms.gle/rzAC8HZsoHw5SZ966
- Organizan: Deputación de Lugo e o Concello de A Fonsagrada