Rematado o prazo de preinscrición o día 22 de setembro, procedese á publicación da listaxe de admitido/as nas actividades de Pilates, Ioga, Bailes de Salón e Ritmos latinos. En pilates o aforo máximo da sala está cuberto. Na actividade de Bailes de Salón e ritmos quedan 4 prazas vacantes ata completar o aforo máximo e en Ioga quedan 5 prazas dispoñibles para completar aforo máximo.
LIstaxe de admitido/as e lista de agarda na actividade de PIlates no 1º trimestre do curso 2023/2024
Listaxe de admitidas na actividade de ioga no 1º trimestre do curso 2023/2024
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 06 outubro de 2023. A tarifa trimestral é de 60€. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. Non serve informar ao docente de palabra. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.