Xa está aberto o prazo para abonarse ao Fonsagrada F.C.
- Como facerse abonado: Aquelas persoas interesadas en facerse abonados deberán dar os seus datos (nome, apelidos e nº de teléfono) nas dependencias municipais ao Técnico de Deportes, ademais de facer o pago da cota anual (20€)
- Beneficios de ser abonado: Ademais da entrada gratuita a todos os partidos no campo de fútbol local, os abonados recibirán un carné e unha bufanda do equipo.
Para máis información contactar co Técnico de Deportes: 982 340 000