Inauguración da exposición "Os soutos da Fonsagrada"
O Museo Comarcal da Fonsagrada inaugurou este venres unha mostra na Casa da Cultura que repasa a historia destes ecosistemas e alerta ante a necesidade de coidar deles.
A Fonsagrada ten, máis ou menos, unhas 2.000 hectáreas de souto. Os soutos máis senlleiros da Fonsagrada son o de Airixín, o do monte de Abilleira, o de Allonca e Allonqueira, o de Castañoso e Teixeira, o de Vilalba e Liñares de Vilafurada e o de Gaiol. Algúns deles achéganse ás 300 hectáreas.
A mostra que conta coa colaboración do Concello de A Fonsagrada e da Asociación de Gandeiros da Fonsagrada Asgafon
con financiamento da Xunta, presentouse o proxecto estatal Montes Vivos SEO/BirdLife e falouse das iniciativas nas que están traballando para que os soutos, máis alá dun atractivo para visitantes, sexan tamén produtivos para a comunidade.