O Concello de A Fonsagrada organiza un encontro do proxecto Galicia Latente
Será o sábado, 1 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de A Fonsagrada, ás 18:00 horas
O Concello de A Fonsagrada organiza un encontro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo planea unha visión holística desde onde visibilizar os retos e oportunidades que nos están a conformar.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de A Fonsagrada.
Ademais, Galicia Latente ofrece un encontro chamado “A Galicia do presente”, que é o que se vai celebrar en A Fonsagrada.
Este encontro comeza cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura no noso presente, continuando cunha proxección do documental Galicia Latente e logo un coloquio titulado “retos e oportunidades da cultura galega”, rematando cunha recollida de valores locais. Acompañarannos no encontro diferentes personas referentes da cultura galega que están a vivir e traballar desde estas terras fonsagradinas.
Agardamos que haxa un debate amplo e convidamos a todas as persoas interesadas no desenvolvimento cultural a asistir e participar nesta recolleita de percepcións da poboación fonsagradina.
Este obradoiro organízao o Concello de A Fonsagrada e o proxecto Galicia latente, coa finalidade de coñecer e concienciarse sobre o valor da nosa contorna, das súas debilidades – como estamos a vivir o envellecemento poboacional - e das súas potencialidades – como a cultura ou o patrimonio nos pode aportar riqueza -. Neste caso, comezamos cunha reflexión sobre a cultura local.
O proxecto Galicia Latente estivo presente nos seus orixes en Santiago, no Courel, París, Londres , Bruxelas ou San Cibrao. Así como agora nos concellos de Sober, Mañon, Sarreaus, Vicedo e Camariñas.
Agardamos a todas as persoas interesadas a asistir á A Fonsagrada, no Salón de Plenos, o sábado 1 de xuño, ás 18:00 horas do serán.