• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

7. Cuiñas

A parroquia de San Cristovo de Cuiñas ten una poboación de 125 habitantes distribuídos en 12 entidades de poboación: Aldomán, A Arqueira, Castro, Cuiñas, O Fito, Fumaior, LLadairo, O Pando, A Pasada Seca, A Porteliña, San Cristovo, Vales.

Desta parroquia podemos salientar os seguintes datos:

Coordenadas

Latitude: 43º05&rsquo Lonxitude: 7º04’

Extensión: 11,92 km2.

Límites das parroquias:

Norte: Padrón e Bastida Sur: Cereixido Este: San Martín de Suarna Oeste: Vieiro

En canto aos pobos:

Aldomán

Poboación situada a 5 km da Fonsagrada e a unha altitude de 860 m. Pódese ver: Capela de san Pedro, Castro de Aldomán, Muíño, Fonte, Casa de Galga, Casa de Vilarín, Casa de Villaverde.

A Arqueira

A Arqueira está a 3,3 km da Fonsagrada e a unha altitude de 800 m. Pódese ver: Castro de Arqueira, Casa de Adela.

Castro

Esta poboación está a 2,5 km da Fonsagrada e a unha altitude de 900 m. Pódese ver: Capela de san Xoan de Gollago.
Hórreo Casa de Lousada: Este hórreo ten uns 100 anos. Ë unha construción de planta cadrada de 6x6 m, con estrutura e cerramento de madeira con dous lados chapados con planchas. A cuberta é de lousa a catro augas e rematada con un crucifixo.
Casa de Donino, Casa de Ferreiro, Casa de forxo, Casa de Gabriel, Casa de Lousada, Casa de Menciñeiro, Casa de Ortíz.

Cuiñas

Este pobo atopase a 580 m de altitude e a 6,5 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela da Casa do Crego: É unha capela privada con máis de 150 anos.É unha construción de forma rectangular de 3x4 m que forma parte dun conxunto maior de dependencias que cerran formando o curral ou currala.É Unha capela con retablo de madeira e reclinatorio. Está situada ao pe da porta principal do curral. Está dedicada a Nosa Señora dos remedios e a San Francisco.
Escudo da Casa de Carballido: É unha pedra tallada con un escudo, con unha inscrición na parte baixa: “Armas de los Pardo y Figaroas”. Helmo na parte superior. O escudo ten na parte superior unha bandeira, á dereita unha rama, na parte inferior un castelo e unha aguia separados por unha árbore.
Hórreo da Casa Carballido: Pequena construción de planta cadrada con estrutura e peche de madeira, cuberta de lousa a catro augas e puntal de reforzo nunha das vigas.
Hórreo da Casa da Pruida: Data, aproximadamente, do ano 1920. Ë unha pequena construción de planta cadrada con esquinas achaflanadas e corredor interior. Estrutura e peche de madeira e cuberta de lousa. Ten unha fiestra en cada chaflán.
Casa de carballido.
Casa de Casanova.
Casa de Colas.
Casa de Crego.
Casa de Maneto.
Casa de Pando de Cuiñas.
Casa de Proída
Fonte.

O Fito

Poboación situada a 4,7 km da Fonsagrada. Pódese ver a súa Igrexa.

Fumaior

Fumaior está a 760 m de altitude e a 6,2 km da Fonsagrada. Pódese ver: Varios cileiros en estado ruinoso, Hórreo con teiro de palla, Casa de Baixo, Casa de Chaín, Casa de Coruxo, Casa de Mouradigo, Casa de Muíña, Casa de Naviego, Casa de pereira, Casa de Restremeiro, Casa de Rodríguez, Casa de Vilarín.

Lladairo

Este pobo está a 800 m de altitude e a 3,5 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela de san Salvador, Casa de Bolaño, Casa de Bouza, Casa de Casanova, Casa de Lastra, Casa de Pascual.

O Pando

O Pando está a unha altitude de 715 m e a 6,1 km da Fonsagrada. Pódese ver a Casa de Labranza.

A Pasada Seca

Poboación a 6,1 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude. Pódese ver: Casa de armando, Casa de Manuela.

A Porteliña

A Porteliña está a 4,5 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude. Pódese ver: Igrexa decagonal dedicada á Nosa Señora de Lourdes.
Casa de caseto ou de Ramón: Casa de labranza de máis de 200 anos. É un conxunto de construcións, formado por vivenda, cortes, forno, palleira e portada, que se agrupan e pechan formando un curral interior. Todas elas están feitas con muros de xisto e teñen cuberta de lousa con estrutura portante de madeira.
Palleira: É unha construción de planta rectangular de 10x5 m. A planta baixa dedícase a corte e a alta a palleira. Os muros son de xisto, a estrutura de madeira e a cuberta de lousa.
Hórreo da Casa de Caseto: Ten uns 200 ou 300 anos. Trátase dun hórreo de planta cadrada feito en estrutura de madeira e cuberta cónica de palla.
Mazo da Porteliña: Está situado a carón do río da Porteliña. O mazo ten planta irregular terre. Paredes de pedra de xisto e cuberta de madeira e lousa. Espazo interior ocupado polo mazo, que está en funcionamento actualmente. O mazo e os foles da forxa están movidos por enerxía hidráulica. Na parte posterior están o deposito e a bruia. O mazo atópase nun paraxe solitario con acceso peonil entre o río e a canle que move o mazo.
Ruta de Rellouso.
Fonte de Chousa.
Fonte de Pacín.
Casa de Canteiro.
Casa de Canteiro-Justina.
Casa de rego.
Casa de Rubio.
Casa de Vicente.

San Cristovo

Está situado a 6,8 km da Fonsagrada e a unha altitude de 780 m. Pódese ver a Igrexa de San Cristovo.

Vales

Pobo abandonado.

Cargando...