Trapa, San Cibrao da
A parroquia de San Cibrán da Trapa ten una poboación de 110 habitantes distribuidos en 10 entidades de poboación: San Cibrán, O Couso, A Labeada, O Mesón Novo, O Mesón Vello, Outanais, Penamaría, A Pruída do Vale, A Trapa e Vilalba.
Algúns datos de interés:
Extensión: 8,72 km2
Límites:
- Norte: Asturias e Veiga de Logares
- Sur: Lamas de Campos e trobo
- Leste: Asturias
- Oeste: Trobo e Veiga de Logares
En canto ás poboacións:
San Cibrán
Poboación situada a 14,5 km da Fonsagrada e a 830 m altitude.
Pódese ver: Igrexa Parroquial, Ruínas dunha palloza “evolucionada” con teito de palla e lousa, Varios hórreos de lousa; Casa de Arango, Casa de Abaixo, Casa de capitán, Casa de Prieto.
O Couso
O Couso está 14 km da Fonsagrada a 750 m de altitude.
Pódese ver: Casa de Mangón, Casa de Pedro do Couso, Casa de Tomba.
A Labeada
Poboación a 13,9 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude.
Pódese ver:
- Capela da Nosa Señora da Paz.- Pertence ao estilo barroco rural e pode datar do século XVIII. Ermida de planta rectangular con teito de entramado de madeira a dúas augas. Os muros son de cachotes de xisto. Na fachada sobrancea o arco da entrada feito con laxas de xisto como dovelas. A espadana semella engadida despois nembargante o remate debe ser aproveitado da espadana orixinal.
- Casa de García: conxunto formado por vivenda, hórreo, palleira e pozo
- Casa do Señor Armando:Vivenda de planta ovalada. Pertence a tipoloxía de “palloza” formando un volume único con gran pluralidade de espazos que corresponden as múltiples actividades agrícolas
- Palloza con teito de lousa, moi baixa e de pranta circular. Te unha porta vermella a dobre folla.
- Hórreos de lousa e madeira, Fonte.
- Casa de Alfonso, Casa de Arias, Casa de Carballeira, Casa de Carballo, Casa de Corota, Casa de Esther de Casa de Quindós, Casa de Ferreiro, Casa de luzdivina, Casa de Mingas, Casa de Pena, Casa de Portada Casa de Raúl, Casa de Vilarxobín.
O Mesón Novo
Pobo situado a 800 m de altitude. Pódese ver: Medorra do Mesón Novo, Casa do Mesón.
O Mesón Vello
Está a 13,9 km da Fonsagrada e a 720 m de altitude.
Pódese ver:
- Mesón Vello.- Ten máis de 400 anos. É un conxunto de planta cadrada de 15 x 15 m. Ten cuberta a catro augas de lousa, muros de carga de mampostería e unha estrutura de pares de madeira. A carpintería en portas e fiestras é de madeira de castiñeiro. O claveteado é orixinal. O mesón estrutúrase con un contenedor cos seguintes espazos: en planta baixa a corte, o taller de forxa, as cuadras e cociña, en planta alta as dependencias. A palleira accesible dende o exterior. Este antigo Mesón de la Cruz significaba un paso importante para os arrieiros da bisbarra.
- Casa de Mesón Vello
Outanais
Outanais está a 15,8 km da Fonsagrada e a 760 m altitude.
Pódese ver:
- Casa da Capela.- Tipo palloza de máis de 100 anos. Trátase dunha construción de planta rectangular de 8 x 6 m moi humilde. Consta de planta baixa e un baixo cuberta. A cuberta é a dúas augas. Os muros de carga son de xisto e a cuberta de Lousa. Ten moi poucas xanelas.
- Casa de Campón.- Ten uns 100 anos. Trátase duna construción de planta rectangular de 7.5 x5.5m. con tres niveis; unha entrada e lareira, outro máis abaixo para as cortes e máis outro para os dormitorios. Paredes de carga de xisto con xunta seca. Cuberta a tres augas de lousa. Estrutura dos forzados de madeira.
- Celeiro, Capela,
- Casa de Rosaura, Casa de Casanova, Casa de Clara, Casa de Crespo, Casa de Quintana.
Penamaría
Poboación situado a 11,9 km da Fonsagrada e a 720 m de altitude.
Pódese ver:
- Palleira da Casa da Veiga: ten teito de lousa con unha fiestra e unha pequena chimenea
- Capela de San Pedrín, Pombal, Hórreos, Casa do Vega.
A Pruída do Vale
Poboación situada a 11 km da Fonsagrada e a 840 m altitude.
Pódese ver:
- Casa de labranza con capela privada
- Hórreo.- Data do primeiro terzo do século XX. Construción de planta cadrada de 8 x 8 m., con estrutura e cerramento de madeira con corredor, con dous lados chapados con pranchas (Sur e Suroeste) . Esta apoiado en catro pes de madeira traballada e pintada en tons azul e branco. Está feito o corpo principal con un entramado de madeira e cerrado con táboas de madeira cravadas aos marcos na banda superior e cunhas lousas cravadas, tamén ao marco, na parte inferior. A cuberta é a catro augas de lousa con un remate de pedra.
- Casa da Pruída
A Trapa
A Trapa está a 14,9 km da Fonsagrada e a 725 m de altitude.
Pódese ver:
- Capela de Nosa Señora de Guadalupe
- Ruinas do Teleclub e antiga escola
- Casa de Buenavista, Casa de Gonzais, Casa de Hilario, Casa da Pruída, Casa de Rellán, Casa de Rico.
Vilalba
Vilalba está a 770 m de altitude e a 14,8 km da Fonsagrada.
Pódese ver:
- Varios hórreos con teito de palla e Antiga escola
- Casa de Alfonso, Casa de Arias, Casa de Carballeira, Casa de Carballo, Casa de Corota, Casa de Esther de Casa de Quindós, Casa de Ferreiro, Casa de García, Casa de Luzdivina, Casa de Mingas, Casa de pena, Casa de Portada, Casa de Raúl, Casa de Vilarxobín.