• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Suarna, San Martín de

A parroquia de San Martín de Suarna ten una poboación de 171 habitantes distribuídos en 11 poboacións: San Martín de Suarna, Fornos da Cal, Llencias, Paradanova, Penamaior, Rozabragada, Silvela, O Vieiro, Vilagocendo, Vilarín de Abaixo e Vilarín de Arriba.

Algúns datos de interés:

Extensión: 26,33 km2

Límites:

- Norte: Fonfría e Bastida

- Sur: Vilabol de Suarna e Cereixido

- Leste: Fonfría e Monteseiro

- Oeste: Fonsagrada, Padrón, Cuíñas, Cereixido e Bastida

 

En canto aos pobos:

 

San Martín de Suarna

Poboación situada a 4,8 km da Fonsagrada ea 520 m de altitude.
Pódese ver:


  • Igrexa parroquial

  • Casa Minguxo.- Labranza. Vivenda de planta rectangular, situada en pendente con catro fachadas a pesares de estar no medio do núcleo rural. Poucas xanelas. Cuberta a tres augas. Interior en varios niveis, con saídas a nivel diferenciando funcións. Pintura branca por fora. No interior todo negro polo fume. A lareira funciona.

  • Hórreo de San Martiño.- Trátase de cinco construcións de planta cadrada de 4x4 / 5x5 / 5.5x5.5 m., con estrutura e cerramento de madeira de castiñeiro, sen corredor . As cubertas son a catro augas e de lousa. Teñen pes de madeira sobre muros e pilastras de pedra, conformando estruturas aéreas, destacando os grandes veirados soportados nas esquinas por tornapuntas.

  • Outros 6 hórreos

  • Casa de Blanco, Casa de Blanquín, Casa de Carballido, Casa de Casarada, Casa de Chaila, Casa de Colegio, Casa de Cura, Casa de Ferreiro, Casa de Guillermina, Casa de Margarilla, Casa de Maya de Abaixo, Casa de Rera, Casa de Santamaría, Casa de Villabol.

Fornos da Cal

Fornos da Cal están a 1,1 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude. Pódese ver: Casa de Monxardín.

Llencias

Poboación a 750 m altitude e a 3,5 km da Fonsagrada.
Pódese ver: 2 hórreos, Fonte, Castro Pena do Castro Seoane, San Martiño, Casa de Bravo, Casa de Caseiro, Casa de Fernando, Casa de Fidalgo, Casa de Méndez, Casa de Murias, Casa de Rodil.

Paradanova

Paradanova está a 2 km da Fonsagrada e a 820 m de altitude.
Pódese ver:

  • Capela de Santa Cruz
  • Aula Verde da Natureza
  • Camiño Primitivo de Santiago
  • Casa de Aira, Casa de Barbeito, Casa de Conde, Casa de Pepe de Penafonte, Casa de Saavedra, Casa do Zarelo.

Penamaior

Penamaior está situada a 830 m de altitude e a 9 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela de Santa Lucía, Hórreo, Casa de Bolaño, Casa de muíña, Casa de Niño, Casa de Rico

Rozabragada

Rozabragada está a 2,9 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude.
Pódese ver: Capela particular da Casa do Castiñeiro, 2 hórreos, Casa de Caleiro, Casa de Carballo, Casa de Chantada, Casa de Don Manuel, Casa de Lixeiro, Casa de Louseiras, Casa de Maderne, Casa de Minguxo, Casa de Neira, Casa de Ovidio, Casa de Rancaño, Casa de riba, Casa de Valledor.

Silvela

Poboación situada a 4,3 km da Fonsagrada e a 850 m de altitude.
Pódese ver: Capela de Santa Bárbara, Camiño Primitivo de Santiago, Medorras de Silvela.

O Vieiro

O Vieiro está a 820 m de altitude e a 7,9 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela de Vieiro, Casa de Abaixo, Casa de Arriba.

Vilagocende

Vilagocende está a 500 m de altitude e a 6,2 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Capela de Santa María Magdalena, 3 hórreos
  • Souto con varias ouricelas ou curripos e fosos do liño
  • Seimeira de Vilagocende (45 metros).- E un marabilloso lugar. Accedese por un camiño que sae dende Vilagocende (na estrada de Fonsagrada a Vilabol), e transcorre, en parte, por souto de castiñeiros. O lugar da fervenza e moi pendente, de rochas e castiñeiros. E moi angosto e na parte baixa hai unha gran humidade formando un microclima. Hai unha lenda que “explica” a orixe da seimeira: parece ser que unha ola caeu nunha cova do castro de Aldomán ( pobo situado un pouco máis arriba) e logo apareceu como unha choiva de ouro dando lugar á seimeira.

Vilarín de Abaixo

Esta poboación está a 7 km da Fonsagrada e a 460 m de altitude.
Pódese ver: Capela de San Antonio, Hórreo, Casa de Campos, Casa de monxardín, Casa de rancaño, Casa de Rebordela, Casa de Supenedo.

Vilarín de Arriba

Vilarín de Arriba está a 5,5 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude.
Pódese ver:  Capela de Santo Domingo, Hórreo: con paredes de madeira e lousa e teito de lousa; O Castro / O Castelo, Casa de Carmela, Casa de Conde, Casa de Ron.

Cargando...