• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Río, San Pedro de

A parroquia de San Pedro de Río ten una poboación de 97 habitantes distribuídos en 12 núcleos de poboación: San Pedro, Aguiar, Buisán, Castonsa, Crecencia, Escouride, Ferreiros, O Mazo, Monterrío, Redrollán, Sanguñedo e Sudros.

Algúns datos interesantes:

Extensión: 21,35 km2

Límites:

- Norte: Freixo e Lamas de Moreira

- Sur: Navia de Suarna e Córneas

- Leste: Lamas de Moreira

- Oeste: Freixo
 

 

En canto ás poboacións:

 

San Pedro

Poboación a 25 km da Fonsagrada e a 640 m de altitude.
Pódese ver: Igrexa parroquial, Celeiro, Casa reitoral, Casa da Pedreira, 6 hórreos, Antiga presa regadío, Castro de Antonia / Castro de San Pedro, Tres medorras – Leituego, Casa de Antonia, Casa de Calvo, Casa de Chousa Jos, Casa de Chouso Ton, Casa de Porta de Igrexa, Casa de Ramos.

Aguiar

Poboación a 19,3 km da Fonsagrada e a 550 m de altitude.
Pódese ver: 2 hórreos, Castro A Croa de Aguiar, Casa de Abaixo.

Buisán

Buisán está a 800 m de altitude e a 19,7 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Celeiro, 4 hórreos, Muíño e Banzao, Casa de Celeiro, Casa de García, Casa de Obra, Casa de Sendiña.

Castonsa

Poboación a 21,8 km da Fonsagrada e a 710 m de altitude.
Pódese ver: 4 hórreos, Fonte, Casa e Moreiro, Casa de Abaixo, Casa de Medio.

Crecencia

Crecencia está a 760 m de altitude e a 22 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela, 3 hórreos, As Medorras, Casa de Díaz, Casa de Neira, Casa de Pallín, Casa de Quendas.

Escouride

Poboación a 18 km da Fonsagrada.

Ferreiros

Ferreiros está a 21,5 km da Fonsagrada e a 610 m de altitude.
Pódese ver:

  • Celeiro de Lourenzo: Celeiro con corrada e abeiradoiro de planta circular; muros de fábrica de pedra da zona; a cuberta é de pall. Ten unha gran cancela de madeira.
  • Hórreos con teito de palla
  • Casa de Abaixo, Casa de Derriba, Casa de López.

O Mazo

Poboación a 18,8 km da Fonsagrada e a 560 m de altitude.

Monterrío

Monterrío está a 400 m de altitude e a 22 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Medorra da Campa do gaiteiro.

Redrollán

Esta poboación está a 23 km da Fonsagrada e a 880 m da Fonsagrada. É o límite cos concellos de Baleira e Navia de Suarna.
Pódese ver:

  • Palloza con teito de palla e lousa, Palloza evolucionada, actualmente celeiro
  • Casa de Caseiro, 3 hórreos, Fonte, Dolmen.
  • Alto de Restelo (961 m)
  • Casa de Abaixo, Casa de Blanco, Casa de Medio, Casa de Rodríguez.

Sanguñedo

Sanguñedo está a 20 km da Fonsagrada e a 560 m de altitude. Pódese ver: 2 hórreos, Casa de A Cola, Casa de Álvarez.

Sudros

Sudros está a 18,2 km de distancia de a Fonsagrada e a 770 m de altitude.
Pódese ver: 3 hórreos, Casa de Carolo, Casa de Casanova, Casa de Castosa, Casa de rei, Casa de Uría, Casa do Xastre.

Cargando...