• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Piñeira, Santa María de

A parroquia de Santa María de Piñeira ten una poboación de 119 habitantes distribuídos en 14 entidades de poboación: A Airexa, Boucisca, Castañosí, Centigosa, Escourido, Estremeiro, Goxe, Gulpilleiras, O Mido, Monteagudo, Piñeira, Silvadrosa, Teixeira e As Veigas.

Algúns datos interesantes:

Extensión: 13,09 km2

Límites:

- Norte: Ribeira de Piquín

- Sur: Bruicedo

- Leste: Pacios

- Oeste: Baleira

 

En canto aos pobos:

 

A Airexa

Poboación a 16,1 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Igrexa parroquial de Santa María, Reloxo de sol, Igrexa de Piñeira.
  • Hórreo da Casa do Rego.- Construción de planta cadrada de 6 x 5 m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas na que hai un pequeno cumio horizontal que acusa unha moi lixeira forma rectangular da planta. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. O cerramento do corredor presenta un oco en cada lado. Hai unha porta de entrada, dúas pequenas fiestras e enfronte da entrada hai unha porta-fiestra. O aleiro presenta un ornamento de madeira en forma de onda. As vigas principias tamén se recortan de forma redondeada no extremo buscando un certo ornamento e evitando a súa excesiva presenza no lateral.
  • Hórreo da Casa do Campelo.- Construción de planta cadrada de 4 x 4 m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de palla que xa non é circular se non que marca bastante ben a catro augas e ten grandes aleiros; os pes son tamén de madeira e apóianse sobre a fábrica de pedra de un alpendre.
  • Hórreo da Casa de Pardo.- Construción de planta cadrada de 4.5 x4.5 m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor está totalmente pechado, e presenta unha doblre porta na entrada. A escaleira e de fábrica de pedra.
  • Hórreo da Casa de Cabaceira.- Construción de planta cadrada de 5 x5 m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, as lousas son de forma rectangular e moi finas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra; o cerramento do corredor esta totalmente pechado, as táboas sepáranse intencionadamente deixando rendixas para a ventilación. A escaleira e de bloque de formigón. Debaixo da porta de acceso presentase unha plataforma de madeira en voadizo que fai as veces de último paso pero sen conexión ca escaleira evitando o paso dos roedores.
  • Hórreo da Casa de Bernardo.- Construción de planta cadrada de 5 x 5 m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas (as lousas son de forma rectangular e moi finas). As limatesas resólvense tamén con lousa que soluciona o encontro dos dous faldóns nun chaflán . Os pes son de madeira e están en mal estado cuestión esta que podería provocar o derrubamento do hórreo. O cerramento do corredor, que non presenta ocos, interrompese na parte dianteira de forma que a porta exterior esta na parede interior do corredor facendo unha especie de balcón protexido da choiva.
  • Hórreo da Casa de Touzón.- Construción de planta cadrada de 5 x 5 m , con estrutura e cerramento de  madeira, cuberta de lousas a catro augas. Presenta un ornamento no aleiro en forma de onda feito en madeira que oculta a estrutura da cuberta. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra; o cerramento do corredor presenta dúas fiestras nos laterais perpendiculares a entrada que permiten a iluminación e ventilación cruzada, o interior esta moi ben acabado cunha trampilla de acceso de forma octogonal rematada con molduras. O último paso da escaleira e un taboeiro que sae en voadizo de debaixo da porta do hórreo. A escaleira é de fábrica de pedra con barandilla de fábrica de ladrillo enfoscado. O carpínteiro foi D. Manuel Rego de San Martín de Baleira.
  • Asociación Cultural Os Xílgaros
  • Casa de Cabaceira, Casa de Campela, Casa de Juan, Casa de Pardo, Casa de Rego, Casa de Touzón.

Boucisca

Esta poboación dista 16,3 km da Fonsagrada e está a 520 m de altitude.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa de Paulín.- Construción de planta cadrada de 6 x6 m , con estrutura e cerramento de madeira; cuberta de lousas rectangulares finas a catro augas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra; o cerramento do corredor é totalmente cego e as táboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación.
  • Hórreo da Casa de Torneiro.- Construción de planta cadrada de 5 x5 m , con estrutura e cerramento de madeira; cuberta de lousas rectangulares a catro augas, as limatesas están tamén con lousa achaflanando o encontro dos faldóns. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra; o cerramento do corredor e totalmente cego e as táboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación. Está pintado de vermello.
  • Hórreo da Casa de Díaz.- Construción de planta cadrada de 5.5 x5.5 m , con estrutura e cerramento de madeira; cuberta de lousas rectangulares a catro augas e rematada cunha cruz de granito no cumio. Os pes son circulares de formigón armado, xa non conservan a forma dos materiais tradicionais, aínda que son mais anchos nas bases recordando as pilastras. O cerramento do corredor é totalmente cego e as táboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación.
  • Casa de Díaz, Casa de Gaiteiro, Casa de Maragato, Casa de Paulín, Casa de Torneiro,Casa de Vitureiro.

Castañosín

Castañosín está a 580 m de altitude e a unha distancia de 16,3 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa do Fidalgo.- Construción de planta cadrada de 5x5m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre fábrica de pedra que conforman un pequeno lugar de almacenamento de apeiros. O corredor so está totalmente pechado na parte traseira, e nos laterais e na fronte pasa a ser un antepeito formado por táboas verticais e un listón de remate a modo de pasamáns.
  • Capela de San Ramón, 4 Hórreos, Castro Pico do Castro (O tesouro), Casa de Casanova, Casa de Saúl.

Centigosa

Poboación a 20,7 km da Fonsagrada e a 770 m altitude. Pódese ver: Casa de Arriba

Escourido

Escourido está a 15 km da Fonsagrada. Pódese ver: Casa de Escourido.

Estremeiro

Poboación a 17 km da Fonsagrada e a 670 m de altitude.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa de Albarín.- Construción de planta cadrada de 5x5m , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas rectangulares a catro augas, na que se distinguen dúas partes: unha próxima ao cumio, na que a lousa ten forma redondeada, e a inferior, con lousas máis rectangulares. Os pes son de madeira colocados sobre fábrica de pedra. O cerramento do corredor está formado por táboas colocadas a tope que na parte dianteira e traseira,alternadamente, se deixan pola metade, o que favorece a ventilación.
  • Hórreos, Casa de Marelo, Casa de Mingón.

Goxe

Goxe está a 580 m de altitude e a 14,5 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa de Carballeira.- Construción de planta cadrada de 5x 5 m. con corredor , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira e descansan sobre pilastras de pedra. O corredor esta totalmente pechado.
  • Hórreo da Casa da Fonte.- Construción de planta cadrada de 5x 5 m. con corredor , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira. O corredor esta totalmente pechado e sen ocos. Na entrada presenta unha abertura grande sen porta.
  • Castro "A Croa", Capela de S. Xosé, Torre, Casa de Bastida, Casa de Carballeira, Casa de Villabol.

Gulpilleiras

Esta poboación está a 15,8 km da Fonsagrada e a 570 m de altitude.
Pódese ver:

  • Capela de San Antón, Escudo dun dos 7 antigos Fidalgos da Fonsagrada.
  • Hórreo da Casa de Touzón.- Construción de planta cadrada, con estrutura e cerramento de madeira; ten corredor; cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra . Pintado exteriormente de vermello.
  • Hórreo de palla da Casa de Touzón.- Construción de planta cadrada de 4 x 4 m. sen corredor , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de palla. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra, e tornaratos de lousa. Unha das vigas principias da estrutura de piso está apeada no punto medio.
  • Casa de Aquilino, Casa de Bastida, Casa de Elena, Casa de Esther de Aquilino, Casa de Fidalgo, Casa de Serrador, Casa de Tella, Casa de Touzón.

O Mido

O Mido está a 660 m de altitude e a 14,6 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa de Sivestre.- Construción de planta cadrada de 4.5 x 4.5 m. con corredor , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor é totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de formigón conservando as formas dos materiais tradicionais (pilastras de pedra, e pes de madeira)
  • Hórreo da Casa de Sivestre.- Construción de planta cadrada de 6 x 6 m. con corredor , con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor é totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de madeira.
  • Hórreo da Casa de Roxo.- Construción de planta cadrada de 5 x 5 m. con corredor, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor é totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. A escaleira exterior é de fabrica de pedra da zona. O corredor está totalmente pechado. As limatesas están cubertas con tella cerámica curva.
  • Hórreo da Casa de Colchoso.- Construción de planta cadrada de 5x 5 m. con corredor, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre apoiados dous deles sobre un muro e os outros dous sobre un alpendre. O corredor está totalmente pechado e non presenta ocos e a ventilación prodúcese polas xuntas das táboas.
  • Hórreo da Casa de Abidueiras ou do Caseiro.- Construción de planta cadrada de 5.5 x 5.5 m. con corredor, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de formigón pero conservan as formas dos materiais tradicionais. O corredor está totalmente pechado e presenta dúas pequenas fiestras en lados opostos. O aleiro está ornamentado cunha pequena onda executada en madeira.
  • Casa de Cochoso, Casa de Roxo, Casa de Silvestre.

Monteagudo

Poboación que se atopa a 14,2 km da Fonsagradae a 630 m de altitude.
Pódese ver: 5 hórreos, Casa de Maiorazo, Casa de Valín.

Piñeira

Piñeira está a 500 m de altitude e a 16 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa do Carpinteiro.- Construción de planta cadrada de 5x5m, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra. A escaleira é de fábrica de pedra da zona; o cerramento do corredor está totalmente pechado por táboas verticais colocadas a tope para permitir a ventilación.
  • Hórreo da Casa de Secundino.- Construción de planta cadrada de 4.5x4.5m, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas redondeadas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra. Non ten corredor e o cerramento non presenta ocos a excepción da porta da entrada.
  • Hórreo da Casa de Lois.- Construción de planta cadrada de 5.5x5.5m, con estrutura e cerramento de táboas de madeira colocadas en vertical, cuberta de lousa redondeadas a catro augas. Os pes son de formigón imitando as formas da madeira e as pilastras de pedra . A escaleira é tamén de formigón.
  • Hórreo da Casa do Neto.-Construción de planta cadrada, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira. Data do ano 1.922.
  • Casa de Domnino e Casa de Pegerto

Silvadrosa

Poboación a 620 m de altitude e a 18 km da Fonsagrada. Pódese ver: Casa de Crego, Casa de arriba, Casa de Tella.

Teixeira

Teixeira está situada a 18,8 km da Fonsagrada e a 720 m de altitude. Pódese ver: Fonte, Casa de Fidalgo, Casa de Medio.

As Veigas

As Veigas está a 500 m de altitude e a 14,3 km da Fonsagrada. Pódese ver: Hórreos, Casa de Catuxa, Casa de Pereira.

Cargando...