A parroquia de San Martín de Arroxo ten una poboación de 112 habitantes distribuídos en 12 pobos: Abade, Brancio, O Caleiro, Candelos, Castro de Arroxo (ou Castro de Martul), Ervellais, San Martín, Novío, Río de Bangos, Río de Toxos, Veiga de Arroxo (ou Veiga de Donas) e Vilamaior.
Desta parroquia podemos salientar os seguintes datos:
Extensión: 12,5 Km2
Coordenadas:
- Latitude: 43º03’
- Lonxitude: 7º02’
Límites da parroquia:
- Norte: Cereixido.
- Sur: Navia de Suarna.
- Leste: Villabol de Suarna.
- Oeste: Lamas de Moreira.
( Ver Galería de fotos )
En canto as aldeas:
Abade dista de A Fonsagrada 10 km. Pódese ver a Casa de Abade.
Dista 11,1 km da Fonsagrada e está a 760 m de altitude. Pódese visitar:Capela de Brancio, Celeiro, Castro, Antiga escola, Casa de Crego, Casa de Diego, Casa de Meda, Casa de Outeiro, Casa de Teresa.
Esta poboación dista da vila de a Fonsagrada 12,1 km, e está a unha altura de 640 m. Pódese ver: Caleiros, Casa de Arriba, Casa de José.
Candelos dista da Fonsagrada 12,2 km. e está a 580 m de altitude. Pódese ver a Casa de Candelos.
Castro de Arroxo ou Castro de Martul está a 10 km da Fonsagrada e sitúase a unha altitude de 600 m.
Pódese ver: Palloza do Chao: Palloza con cuberta de palla. Planta casi circular de 7m de diámetro, con paredes de xisto e cuberta de palla sobre estructura de madeira. O seu único oco é a porta de entrada. Ao seru carón atópase un hórreo de planta cadrada, que ten estrutura de madeira e cuberta cónica de palla.
Casa de Martul.
Casa de Sutil.
Cóntase que no Castro de Arroxo hai un tesouro de ouro. No lugar aproximado onde debera estar o tesouro hai un penedo cunha entrada de cova. A entrada permite que pase unha persoa de pé pero despois o burato baixa e ninguén se atreve a ir ver e comprobar o que alí hai.
Hai anos, nas fincas da Gamalleira, no mesmo castro, un arado destapou un recipiente de barro de colo estreito. Ao rompelo descubriuse que estaba cheo dun po que ao poñelo ao sol brillaba que cegaba, e din que era ouro moído.
Está a 8,6 km da Fonsagrada e a unha altitude de 820m. Pódese ver: Ermida de Ervellais, Hórreos, Medorra das Peneliñas, Medorra dos Chaos, Casa de Baixo, Casa de Campo, Casa de Medio, Casa de Riba.
Esta poboación está situada a 14 km da Fonsagrada e a súa altura é de 640 m.
Pódese ver:Pazo de San Martiño: Trátase dun pazo que foi construído en mampostería de esquisto, con partes realizadas en granito e un tellado feito con lousas. É un edificio con planta rectangular de baixo e piso, xisto de lousa. Destaca a súa portada: arco de medio punto de sillería e fermosos escudo.
A esquerda deste pazo atópase un pombal de forma circular feito con mampostería de esquistos, con un tellado a unha auga feito con lousa. Hórreo de planta cadrada, estrutura de cerramento de madeira e cuberta de palla.
Igrexa parroquial: Tres prismas engadidos: activo, nave, zona de altar. Muros de xisto, revocados e cubertas de lousa. Espadaña de sillería.
Casa Reitoral.
Casa da Torre.
Pombal.
Medorras de Ferreira.
Casa de José
Casa de Paco.
Casa Dabade: O nome desta casa ven de cando viviu nela un cura que fora castigado a desterro polas donas do Pazo de San Martín de Arroxo. Cóntan que as donas tiñas avisado ao abade de que non comezase a misa ata que elas chegasen , pero un día era tal o retraso das mulleres que o cura empezou a misa sen elas. O atrevemento valeulle ir vivir a “onde non oíse can ladrar, gato maullar ou galo cantar”, ou sexa, á casa Dabade.
Poboación situada a 9,8 km da Fonsagrada. Ten unha altitude de 620 m.
Pódese ver: Capela de Novío, Hórreos, Fonte, Casa de Baixo, Casa de Cabo, Casa de Casoa, Casa de Ferreiro, Casa de Harmita e
Casa de Meda.
Río de Bangos ten unha altitude de 872 m. e está a 14 km da Fonsagrada.
Podemos ver: Capela de Río de Bangos, Casa de Campo, Casa de Costa, Casa de Mon, Casa de Queitano, Casa de Rellan, Casa de Valledor.
Está a 13,9 km da Fonsagrada. Pódese ver a Casa de Río de Toxos
Veiga de Arroxo ou Veiga de Donas está a 12,3 km da Fonsagrada e a unha altitude de 660m.
Esta aldea é un conxunto de vivendas de construcións anexas (hórreos, capela, palleiras e escola) que forman un conxunto armónico de gran beleza nun entorno magnífico.
Pódese ver:
Capela de San Francisco: Esta é unha constrción que ten a pranta cadrada co tellado de lousa a dúas augas. Os muros son de mampostería de esquisto. A fachada principal ten unha porta flanqueada por dúas fiestras. O campanario ten un corpo cadrado con un vano, onde está a campá, e ten outro corpo de forma triangular.
Casa de Ballo, Casa de Landeira, Casa de López, Casa de Marqués de Baixo, Casa do Marqués de Riba, Casa de Pedrón, Casa de Perigo, Casa de Saavedra.
Está situado a 570 m de altitude e a unha distancia de 11,2 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela de Vilamaior,
Palloza de Penela: Palloza de lousa e cuberta de palla. Perramento de xisto, planta cadrada e cuberta cónica de palla. A palloza primitiva añadíronselle dúas novas construcións: unha para vivenda-dormitorios e outra para corte. Utilizouse como material de construción o xisto, e de cuberta empregáronse pranchas onduladas de fibrocemento.
Castro “Chao de Castro”, Medorra de Tombo, Casa de Caboza, Casa de Casanova, Casa de Lamas, Casa de Minguín, Casa de Muíña, Casa de Riba, Casa de Rubia.
Cargando...