• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Paradavella, San Xoán de

A parroquia de San Xoán de Paradavella ten una poboación de 58 habitantes distribuídos en 4 entidades de poboación: Paradavella, Calzada, Chaín e O Retiro.

Algúns datos:

Extensión: 8,12 km2.

Límites:

- Norte: Bruicedo

- Sur: Freixo e Baleira

- Leste: Vieiro

- Oeste: Baleira

En canto aos núcleos de poboación:

Paradavella

Poboación a 16 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude.

Pódese ver:

  • Celeiro, Igrexa parroquial de San Xoán, Dolmen do Pando, Camiño de Santiago.
  • Palloza da Casa do Celeiro e Dos Riberas.- Palloza de planta elíptica ou circular e os encestades posteriores de alpendres e forno en forma de medio bolo de pan. A estrutura esta formada por muros de fábrica de pedra de xisto no que se apoian a estrutura de madeira da cuberta. A cuberta e mixta, de palla na parte mais antiga e lousa nos encostados. Ten un pequeno soportal na entrada orientada a o nacente. Levantada sobre unha pena natural. Actualmente a cuberta vexetal encontrase envolta por un plástico. Tratase duna construción realizada en cachotería delousa, e o seu tellado ten forma cónica e é de palla. Esta construción é típica das áreas de montañas das provincias interiores de Galicia, Lugo y Ourense.
  • Celeiro da Casa do Tío Pedro.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 6 m de diámetro, duna sola planta. Muros de fábrica de pedra e cuberta de palla. Nos ocos e dinteis e zambas son de madeira. Presenta un anaco de muro enfoscado con morteiro de cemento. Tamén zonas de fabrica de pedra arrexuntadas con morteiro de cemento arredor da porta.
  • Hórreo da Casa de Chaín.- Construción de planta cadrada de 5 x5 m. sen corredor, con estrutura e cerramento de táboas de madeira colocadas en vertical, cuberta de lousas comerciais a catro augas. Os pes son de madeira sobre muretes de pedra de pedra, un deles sobre un “dado” de formigón . A escaleira e de fábrica de pedra. Presenta uns madeiros que aseguran o aleiro e que seguramente se aproveitan para colocar certos froitos, palla etc...
  • Casa de Carballís, Casa de Casanova – Alicia, Casa de Casilla, Casa de Celeiro, Casa de Dositeo, Casa de Ferreiro, Casa de García, Casa de Tío Pedro, Casa de Travesas, Casa de Villar, Casa de Xastre.

A Calzada

A Calzada está a 16,4 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude. Pódese ver: Camiño Primitivo de Santiago, Casa de Calzada - Germán.

Chaín

Poboación a 14 km da Fonsagrada e a 660 m de altitude.

Pódese ver:

  • Palleira da Casa Álvarez.- Construción de planta rectangular de 4x 8 m, con pilastras de pedra e cerramento de madeira, través e piso da mesma material, cuberta de lousa a dúas augas. Ten dúas alturas aproveitando o desnivel do terreo.
  • Celeiro da Casa da Veiga.-  Celeiro de pedra con planta circular, con teito de palla a “o veo” con dous niveis: un para almacenamento e outro para o gando. Cimentación ao descuberto por mor do rebaixamento do camiño
  • Hórreo da Casa do Río.- Construción de planta cadrada de 6 x6 m., con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa . Na parte baixa do cerramento existe unha chapa de zinc.
  • Hórreo da Casa do Fidalgo.- Construción de planta cadrada de 4 x4 m., con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa e un dos tornaratos e de granito. Posible muíño de orixe castrexo . O corredor e aberto.
  • Hórreo da Casa de Mingón ou Fernández.- Construción de planta cadrada de 4 x4 m., con estrutura e cerramento de madeira,con corredor, cuberta de lousas a catro augas en perfecto estado . Os pes son de madeira con tornaratos de lousa base de pedra. A ventilación prodúcese por una xanela de madeira con respiros. Atopase dentro do lugar da casa que ten corrada e abeiradoiro.
  • Hórreo da Casa de Méndez.- Construción de planta cadrada de 6 x6 m., con estrutura e cerramento de madeira un dos laterais está cuberto con chapa de zinc e outro pintado de vermello, a cuberta e de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con base de pedra.
  • Antiga escola
  • Casa de Cereixido, Casa de estevo, Casa de Ferreiro, Casa de Granda, Casa de Méndez, Casa de Mingón, Casa de Penelas, Casa de Valente.

O Retiro

O Retiro está a 16,8 km da Fonsagrada e a 652 m altitude.

Pódese ver:

  • Celeiro da Casa de Castañoso.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 8 m de diámetro. Dunha soa planta. Muros de fábrica de pedra da zona. A cuberta era de palla e está en ruínas, so conserva a estrutura de canteados soportados no centro por dous maiores que forman o cumio sobre os que descansan os demais. Tamén conserva o piso aínda que en moi mal estado. Foi construído aproveitando a pendente para darlle acceso a os dous niveis.
  • Casa de Conde: con escudos
  • Hórreo da Casa do Conde.- Construción de planta cuadrada de 6 x 6 m. con corredor aberto , con estrutura e cerramento de madeira. Cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeiran sobre muro de pedra. A escaleira tamén e de pedra.

Cargando...