• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Padrón, San Xoán de

A parroquia de San Xoán de Padrón ten unha poboación de 66 habitantes distribuídos en 5 entidades de poboación: O Padrón, Carracedo, Invernal, Montouto e Vilardongo.

Algúns datos interesantes:

Extensión: 6,20 km2

Límites:

- Norte: Bastida e A Fonsagrada

- Sur: Cuíñas

- Leste: San Martín de Suarna

- Oeste: Bastida

 

En canto aos pobos:

O Padrón

Poboación a 1,2 km da Fonsagrada e a 895 m altitude.

Pódese ver:

Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista. Pertence ao estilo Barroco rural e pode datar do século XVIII. Ten forma sensiblemente rectangular. Distínguese catro corpos: O soportal, a nave, o altar e a sancristía. Dispón de un historiado campanario. Ten paredes de xisto, chan de madeira, estrutura da cuberta da madeira e lousa. Dispón de un retablo neoclásico, 2 retablos laterais, pía bautismal, reloxo de sol, etc.
Esta no centro do pobo, por onde pasaría antigamente a estrada. O núcleo conta actualmente con 12 casas, todas máis ou menos alteradas, aínda que se ve que son moi antigas.

Casa reitoral, 2 hórreos, Ouriceira, Albergue de peregrinos, Camiño Primitivo de Santiago, Área recreativa e Fonte, Casa do Castroeiro, Casa de Farruquín, Casa de Fontal, Casa de Garibán, Casa de Gerardo, Casa de Ginés, Casa de Soldado.

Carracedo

Carracedo está a 1,7 km da Fonsagrada e a 750 m altitude.

Pódese ver: Capela de Carracedo, Hórreo, Casa de Andrés, Casa de Castañeiro, Casa de Chaila, Casa de Macía, Casa de Vale, Casa de Vilarín, Invernal.

Montouto

Poboación a 7 km da Fonsagrada e a 960 m altitude.

Nesta poboación celébrase unha romaría o día 25 de xullo.

Pódese ver:

Ruinas do antigo hospital de peregrinos do Camiño primitivo: So hai un edificio en pe, reconstruído en cachotería de lousa. Ó fondo do conxunto hai un cartel de madeira explicando a distribución das estancias. Ó Hospital, del S. XV, foi fundado por Pedro el Cruel.
Menhir neolítico de pedra dereita
Medorras do Hospital vello, Medorras do Hospital novo, Medorra de Demouco.
Capela de Santiago
Fonte
Camiño Primitivo de Santiago
Casa de Aniceto, Casa de Abaixo, Casa de Boudón, Casa de Ovidio.

Vilardongo

Vilardongo está a 4,2 km da Fonsagrada e a 820 m de altitude.

Pódese ver: Capela de San Isidro, Hórreo: teito de lousa, Camiño Primitivo de Santiago, Casa de Antonio, Casa de Bodega, Casa de Caleiro, Casa de Caleiro de Abaixo, Casa de Felipe, Casa de Julio, Casa de Lobera, Casa de Queitano, Casa de Rosendo.

Cargando...