A parroquia de San Pedro de Neiro ten una poboación de 94 habitantes distribuídos en 13 nucleos de poboación: San Pedro de Neiro, Candaído, Lagúas, Llancela, Mazaeda, O Mazo, Peizais, O Piñeiro, Pradairo, Ritorto, San Pedro de Arriba, Vilarello e Xestoso de Abaixo.
Algúns datos de interese:
Extensión: 15 km2.
Límites:
- Norte: Trobo e Maderne
- Sur: Proba de Burón e A Bastida
- Este: Bastida e Lamas de Campos
- Oeste: Maderne e Pacios
En canto ás poboacións:
Poboación a 5 km da Fonsagrada e a 640 m de altitude.
Nesta poboación celébrase a festividade de San Benito o domingo anterior ao día de Corpus.
Pódese ver: Casa Rectoral, Hórreos, 2 muíños, Doce medorras, Casa de Demetrio, Casa de Josefa, Casa de Toño e
Iglesia Parroquial .- Igrexa restaurada recentemente. Ten planta de cruz latina con tellado a dúas augas. Feita en mampostería pizarrosa con tellado de caixas de lousa. Destacan o seu espectacular pórtico de entrada con tres arcos de acceso: o central de maior tamaño. O seu campanario dividido en dous corpos, o primeiro remata nun telladillo a dúas augas que cubre as campás e o segundo cun vano arqueado no centro e rematado cun frontón triangular. Está aberta os domingos pola mañá.
Candaído está a 4,5 km de Fonsagrada e a 800 m de altitude.
Pódese ver: Capela, 4 hórreos, Casa de Campo, Casa de Julio, Casa de Mando, Casa de Medio.
Esta poboación está a 5 km de Fonsagrada e a 690 m de altitude.
Pódese ver: Castro de Mazo de Lagúas, Hórreo, Casa de Lombardero, Casa de Toledo.
Poboación a 5,5 km da Fonsagrada e a 760 m de altitude.
Poboación a 5,6 km da Fonsagrada e a 620 m de altitude.
Hai una lenda que conta que en Mazaeda había una serpe grande que tiña ás e podía voar. Cando a xente levaba as vacas pacer, e como a serpe mamaba nas vacas, pillábana entre as vacas e disque saía voando escorrentada. Din tamén que a serpe habitaba debaixo dunha árbore que había cabo da capela desta aldea. Dende que cortaron aquela árbore vive debaixo dunha pereira da casa do Rabeno.
Capela da Casa de Penamaría.- Consta dun corpo principal cadrado de 4.5 x 9.00 m. en forma de torre. Cuberta a catro augas ó que se lle engade o “nartex” ou corpo de entrada. Identificase esta entrada por estar flanqueada por dous escudos tallados en pedra.
Capela de San roque
Casa de Penamaría.- Labranza. Consta de vivenda e mailas súas construcións adxuntas que se desenvolven entre un cerrado ou muro que as separa do camiño e un valo que aterraza o terreo, quedando o conxunto nunha posición de dominio visual sobre os terreos que descenden cara o val inmediato ó pobo de Mazaeda.
Casa de Pasarín.- Casa Fidalga. Foi cambiada de sitio por causa dun incendio. A casa remátase nun extremo cunha torre que presenta un escudo a media altura na fachada testeiro. Destaca a boa execución de dita obra no aplomo e aparello dos muros de xisto.
7 hórreos
Castro de Llan de Castro
Castro da Mazaeda. No Castro está "A Fonte Blanca", onde din que se atopan soterrados importantes tesouros.
Medorras do Monte Bidueiral e Medorras da Cruz do Pito
Casa de Canalejas, Casa de Choa, Casa de Díaz, Casa de Eustasio, Casa de Fermín, Casa de Ovidio, Casa de Teso.
O Mazo está a 5,1 km da Fonsagrada e a 560 m de latitude. Pódese ver: Os muiños do Rosario (casa rural), Casa de Vataneiro.
Poboación a 5,7 km da Fonsagrada e a 815 m de altitude.
Pódese ver: Capela de San Blas, 4 hórreos, Casa de Asenxo, Casa de Abaixo, Casa de Carrín, Casa de Couso, Casa de Erbón, Casa de indalecio, Casa de Zarelo.
O Piñeiro está a 650 m de latitude e a 6 km da Fonsagrada. Pódese ver: Casa de Labranza, Hórreo.
Poboación situada a 730 m altitude e a 5,2 km da Fonsagrada.
Riotorto está a 5,3 km da Fonsagrada e a 670 m altitude. Pódese ver: 2 hórreos.
Poboación a 5,1 km da Fonsagrada e a 640 m altitude. Pódese ver:Muíño, Casa de San Pedro de Arriba.
Vilarello está a 5,5 km da Fonsagrada e a 560 m de altitude. Pódese ver: Capela, Hórreo.
Xestoso está a 4,6 km da Fonsagrada e a 790 m altitude.
Pódese ver: Capela de Xestoso de abaixo, Antiga escola, 4 hórreos, Casa de Couso, Casa de Fonsagrada, Casa de Pedreira, Casa de Ramos, Casa de Xan.
Cargando...