A parroquia de San Pedro de Maderne ten una poboación de 100 habitantes distribuídos en 5 núcleos de poboación:Maderne, Castañoso, Liñares de Maderne, Murias, Silvachá.
Algúns datos de interés:
Extensión: 15,03 km2
Límites:
- Norte: Carballido e O Trobo
- Sur: San Pedro de Neiro e Pacios.
- Leste: Trobo.
- Oeste: Ribeira de Piquín.
En canto aos pobos:
Poboación a 9 km da Fonsagrada e a 690 m altitude.
Pódese ver: Igrexa parroquial, Capela das Neves, Palloza da Casa de Ferreiros, 9 hórreos
Casas de Garelo e de Cal: Tratase dunha vivenda que se dividiu en dúas por motivos de familia. O conxunto é de volume alongado e achatado en altura. Ten poucos ocos, e o peche exterior é de xisto. A cuberta é de lousas, a catro auguas. A carpintería exterior é de madeira. O conxunto poderíase inscribir nun rectángulo de 20x30 m.
Hórreo da Casa Macía: Trátase dun hórreo de planta cadrada feito en estrutura de madeira de castiñeiro. Os pes de esta construción érguense encima duns “plintos” de pedra “Xisto” manposto. A cuberta é de lousa.
Casa de Ferreiros, Casas de Sarraleiro e Campos, Casa de Gutierrez, Casa de Basilio, Casa de Vicente, Casa de Basilio, Casa de Calvín, Casa de Campo da Forxa, Casa de Casiña, Casa de Conde, Casa de Esther de Aquilino, Casa de Fromara, Casa de Gutierrez, Casa de Joseión, Casa de Juan, Casa de Macía, Casa de Manuel de Macía, Casa de Miguel, Casa de Pascasio, Casa de Pedro, Casa de Proidiña, Casa de Sabina, Casa de Soto, Casa de Suso, Casa de Tío Domingo, Casa de Vega, Casa de Víctor, Casa de Xan, Casa de Xanín, Casa de Xulián.
Castañoso está a 11,2 km da Fonsagrada e a 760 m altitude.
Pódese ver: Capela de San Gregorio, Capela de Santiago (abandoada), 2 pallozas con teito de lousa de pranta circular, a segunda adosada a un cubo; 6 hórreos, Castro “ O Castelo”, Muíño de Penallo, 2 Cortiños, Numerosasa ouricelas, Medorras de Pico Peniñas, Medorra de Castañoso, Mina romana da Veiga de Eirexa, Fonte.
Casa de Abade, Casa de Campo, Casa de Campón, Casa de Carreira, Casa de Cordo, Casa de Lupe, Casa de Miñide.
Este pobo está a 9,5 km da Fonsagrada e a 722m de altitude.
Pódese ver: Capela dos Remedios, Pazo de Meirago, Palloza con teito de palla e lousa, de dúas alturas e planta rectangualra; 3 hórreos, O Castro/ A Croa / Estivo do Castro; Castro “Mina do Foxo”, Medorra de Chao de Fornos.
Casa de Rancaño, Casa de Durán, Casa de Alonso, Casa de Chantada, Casa de Muíña, Casa de Neira, Casa de Riba.
Poboación situada a 8,8 km da Fonsagrada e a 500 m de altitude.
Pódese ver: Palloza con teito de palla e porche dianteiro de lousa, Casa de Cotarelo, 5 hórreos, Fonte.
Silvachá está a 9,1 km da Fonsagrada e a 700 m de latitude.
Pódese ver: Capela de Santo Antón, Castro “O Casteo”, 5 hórreos.
Casa de Campo, Casa de Curuxo, Casa de Feipo, Casa de Pasarín, Casa de Penallo, Casa de Ramón, Casa de Vega.
Cargando...