A parroquia de Santo André de Logares ten una poboación de 161 habitantes distribuídos en 12 entidades de poboación: Santo Andrá, Cabanas, Asa Cancelas, Cerdeira, Cospeito, A Graña do Chao de Fornos, As Lamelas, Lodos, Logares, A Pandela, A Sendiña e Viduedo.
Algúns datos de interés:
Extensión: 18,16 km2.
Límites:
- Norte: Pontenova e Asturias.
- Sur: Veiga de Logares e Carballido
- Leste: Asturias.
- Oeste: A Pontenova.
En canto aos pobos:
Poboación situada a 25,5 km da Fonsagrada e a 615 m de altitude.
Pódese ver:
Igrexa parroquial: Situada sobre un outeiro no que houbo un castro. Iglrsia de planta de cruz latina feita en mampostería de esquisto con campanario barroco do mesmo material. Accedese ó interior por un pórtico cadrado con tellado de lousa, a tres augas e entrada arqueada. O máis destacado é o campanario con tres corpos: o primeiro ten dous vanos arqueados para as campás, o segundo presenta un vano de menos tamaño e culminase con un frontón triangular. Está aberta os domingos pola tarde.
Casa Grande de Logares, Muíño, Casa de Ferreiros, Casa de Inocencia, Casa de Trabadelo.
Cabanas está a 26 km da Fonsagrada e a 785 m de altitude.
Pódese ver:
Ermida de San Antón: Construción de planta rectangular de 7,5x4 m con teito de entramado de madeira. A cuberta é de lousa. Os muros moi ben aparellados don de mampostos de xisto e sobresaen na fachada. O peche de madeira. A capela atópase illada aínda que preto dalgunhas casas de carácter disperso.
Mazo de Cabanas.
Casa de Felipe: Labranza, duns 3 séculos. Conxunto arquitectónico composto por vivenda ou casa e mailas construcións adxetivas para almaceamento e traballos de campo. A forma da vivenda pódese considerara cuadrangular. O hórreo é de planta cadrada sobre catro pes de madeira e cuberta de palla. Existe un cabazo de planta rectangular sobre dous muros testeiros de pedra. Listóns de madeira forman a fachada e teito de lousa. Sitúase nunha cota elevada sobre unha lomba e con poucas edificacións preto.
5 hórreos.
Casa de Basilio, Casa de Corno, Casa de Coroto, Casa de Diego, Casa de Felipe, Casa de Francisco, Casa de Rico.
As Cancelas está a 785 m de altitude e a 27 km da Fonsagrada. Pódese ver: Medorras do Coto de Frades / Chao da Lagoa, Casa de Cregos, Casa de Julio.
Poboación situada a 26,5 km da Fonsagrada e a 720 m de altitude.
Pódese ver: Ermida de Cerdeira, Castro de Cerdeira, Casa de Abelardo, Casa de Celestino, Casa de Ludeiro, Casa de Poulín.
Cospeito está a 26,5 km da Fonsagrada e a 760 m de altitude. Pódese ver: Medorra de Burón, Casa de Reverto, Casa de Xan.
A Graña está a 785 m de altitude e a 27,5 km da Fonsagrada
Pódese ver:
Ermida de Graña de Chao de Fornos.
Casa Grande ou Casa de Coia: Labranza. Data do ano 1.745. A casa está claramente definida polo seu peche que alberga, ademais da vivenda, outras construción: A paneira, o pombal, a “obra”, a capela, a palleira e o dormitorio dos xornaleiros. Ten unha forma irregular nun rectángulo de 60x40m.
A “obra” é de forma cadrada de 7x7 m. e tamén en volume feito en mampostería de xisto. Está feita a posteriori da casa e adósase a esta por un corredor.
A paneira é de forma rectangular de 6x 6 m. e 7,5m. de outo. Cuberta a catro augas. Os muros son de pedra, o piso na parte baixa, que ten uso de lavadoiro e de lousas. No primeiro andar é de lousas sobre vigas con posterior entablillado. Data do ano 1.819.
Capela e dormitorio de Xornaleiros da Casa Grande o Casa Coia.- Data do ano 1.750. É un bloque sensiblemente alongado de 7x20m. que conforma en si mesmo o peche do conxunto xeral. Nunha das bandas a capela ocupa un lugar preferencial no conxunto conformando a esquina do peche. Todo está feito en mampostería de xisto, a excepción dos esquinais e os piares que son de cantería, así como o campanario da capela. Os pisos son de madeira de castiñeiro.
Muíño da Grande ou Casa da Coia.- Data do ano 1.750. Construción de planta cadrada de 6x3 m. cunha cuberta a dúas augas, a saída da auga e rematada con un arco apuntado.Os muros son de pedra de xisto. O teito é de madeira de castiñeiro con cuberta de Lousas.
Pombal da Casa Grande ou Casa da Coia.- Construción de planta cadrada de 4x4 m. Os muros son de pedra encalados. O teito é de madeira con cuberta de xisto. Decoración inexistente.
Cruceiro xiratorio da Cruz da Graña.
Medorras da Cruz da Graña.
Casa de Bravo, Casa de Coya, Casa de Jesús, Casa de Juan, Casa de Periquito, Casa de Vicente.
As Lamaelas está a 27,8 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude. Pódese ver: Capela, Pombal, Hórreo, Casa de Anselmo, Casa de Marcelo.
Poboación a 815 m de altitude e a 27,9 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela, Hórreo, Medorras do Chao de Caramelo / Medorra de Lodos, Casa de Felipe, Casa de Ferrira, Casa de Monzón, Casa de Parrilla, Casa de Salvín.
Logares está a 26 km da Fonsagrada e a 620 m de altitude. Pódese ver: Casa de Labranza, Hórreo, Castro de San Andrés, Casa de Correo, Casa de Riberas, Casa de Suso.
Poboación a 26,4 km da Fonsagrada e a 740 m de altitude. Pódese ver: Capela de Pandela (privada), Hórreo, Medorras do Camín Grande, Casa de Abaixo, Casa de Arriba.
A Sendiña está a 26,1 km da Fonsagrada e a 770 m de altitude.
Pódese ver:
Capela da Virxe dos Remedios.
Casa de Rancaño ou Casa Meirado. Casa de labranza / casa (solariega) de cregos. Casa salientable dentro do núcleo debido ao tamaño e forma da vivenda en si, construcións ao redor da casa que comunican o nivel do camiño de entrada coas eiras inmediatas e fan un conxunto pechado e compacto, elementos arquitectónicos “cultos” que se misturan cos tradicionais-populares
Palloza de Florentino.- Palloza "evolucionada" con teito de palla e lousa.
Casa de Florentino.
Casa de Osorio. Labranza. Atopase nun alto rodeado de leiras de cultivo, o núcleo do pobo desenvolvese aos dous lados da estrada que pasa polo túnel. Vivenda de labradío que se desenvolve nun bloque central cadrado e engadidos en dous patios adxacentes. A parte principal é a vivenda. O aspecto exterior non é tan rotundo como noutros casos xa que se atopa pechado por muros. Resulta curiosa a forma de entrar xa que se ingresa no patio de entrada a través dun tunel.
Pozo.- Trátase dunha pequena construción de planta cadrada nun rectángulo de 3 x 2.5 m. , feita en mampostería de xisto e rematada cunha cuberta a unha auga que, aínda que nun principio foi de lousa, agora é de pranchas de fibrocemento. Ten unha porta de madeira de castiñeiro e un rolo do mesmo material. A porta refundese no corpo do edificio conformando dous pousadoiros aos dous lados do portelo.
3 hórreos.
Casa de Álvarez, Casa de Arango, Casa de Casoa, Casa de Maxide, Casa de Rodil, Casa de Tina, Casa de Urbano, Casa de Vale.
Viduedo está a 761 m de altitude e a 26,2 km da altitude. Pódese ver: 3 hórreos.
Cargando...