• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Lamas de Moreira, Santa María de

A parroquia de Santa María de Lamas de Moreira ten una poboación de 227 persoas distribuidas en 25 entidades de poboación: Lamas de Moreira, Aldobrén, Barcela, Cabana, Castro de Lamas, Coto de Lamas, Coto de Xunqueira, O Formigueiro, A Gamalleira, Louxas, Moreira, Paradiñas, Ribón, San Breixo, Seoane, Susán, A Tumbiadoira, Valiños, As Veigas, Vilabol de Abaixo, Vilabol de Arriba, Viladriz, Vilanova, Vilarín de Pontón, Xunqueira.

Datos salientables desta parroquia son:

Extensión: 24,36 km2

Límites:

- Norte: Vieiro e Cereixido
- Sur: Navia de Suarna e San pedro do Río
- Leste: Arroxo
- Oeste: Freixo e San Pedro de Río

En canto aos pobos:

Aldobrén

Poboación situada a 13,6 km da Fonsagrada e a 560 m de altitude.

Pódese ver: Capela de Aldobrén, 2 hórreos, Fonte, Casa de Díaz, Casa da Fonte, Casa de Moreiro, Casa de Riba.

Barcela

Barcela dista 13,9 km da Fonsagrada e está a unha altitude de 660 m.

Pódese ver: Mina Romana do Monte da Redonda, 3 hórreos en Barcela de arriba, 1 hórreo en Barcela de abaixo, Fonte, Casa de Busto, Casa de Lodeiro, Casa de Pepito, Casa de Regueiro, Casa de Riveras, Casa de Sánchez.

Cabana

Poboación situada a 10 km da Fonsagrada e a 420 m de altitude

Pódese ver: Hórreo, Casa de Enrique, Casa de Mon.

Castro de Lamas

Pódese ver: Os Castros / Monte da Croa, Casa de Raquel, Casa de Santiago.

Coto de Lamas

Poboación situada a 14,1 km da Fonsagrada e a 555 m de altitude

Pódese ver: Celeiro de Queixide, Capela, 3 hórreos, Casa de Estanqueiro, Casa de Pepín, Casa de Touza.

Coto de Xunqueira

Coto de Xunqueira está a 16,1 km da Fonsagrada e a 750 m altitude. Pódese ver: Casa de Riba, Hórreo, Casa de Baixo, Casa de Cileiro, Casa de Riba.

O Formigueiro

Poboación situada a 11,5 km da Fonsagrada. Pódese ver: Castro de Medio, 2 muíños.

A Gamalleira

A Gamalleira está a 11,4 km da Fonsagrada. Pódese ver: Casa de Abel, Casa de Fonigueiro Anacleto,

Lamas de Moreira

Poboación a 12 km da Fonsagrada.

Pódese ver:

Igrexa parroquial: Igrexa románica construída no século XVIII. Consta de atrio, nave e ábside (de gran riqueza escultórica). Xisto e lousa con estrutura de madeira. Reloxo de sol. Espadana de sillería con papaventos. Tratase duna igrexa que ten a planta de cruz latina. Foi construída con mampostería de pizarrosa. Accedese a través dun pórtico cuberto cun tellado de lousa a tres augas. A entrada é un arco, ó igual que a entrada principal da igrexa. O campanario está dividido en dous corpos. Un está dividido en tres vanos arqueados para as campás, mentres que nas zonas altas destacan os remates de pedra que culminan en bolas.

Capela do pazo. Casa do Pazo: Edificio de planta rectangular de baixo e piso, cunha torre engadida ó plano de fachada nun dos seus extremos. Os materiais son xisto, madeira e lousa. A Capela é de planta cadrada de 5x5 m. con un pequeno atrio. A cuberta e de lousa a catro augas e as paredes son de xisto. No interior cúpula semiesférica, paredes e teitos revocados e pintura en branco. Ten un fermoso retablo policromado e relicario con porta de madeira tallada e policromada embutido no muro. Atrio con pía de auga bendita.

Capela de Santo Estevo – Vilabol da Tracoeira.

Muíño da casa de Rairo: Edificio de dous andares construído en dúas fases:

  • 1º.Muíño con unha moa, cornixa e revoco.
  • 2º.Engadido dunha construción de máis superficie na que se instalan dúas novas moas. O conxunto está feito con xisto no peche e lousa na cuberta. Ponte de madeira sobre o río.

Celeiro de Arango: Edificio de planta circular de 7m. de diámetro con muros de mampostería de xisto. Cúbrese directamente cunha cuberta de palla a “ó Beo”. O remate da coroación dos muros faise con lousa. A estrutura é a carpintería e de madeira.

Hórreos da Casa de Caetano: Son pequenos, de planta cadrada e con peche (en vermello) de madeira. Cuberta de lousa a catro augas, corredor perimetral pechado.

Hórreo da casa de Riveras: É cadrado cas esquinas achaflanadas e corredor pechado de madeira. Cuberta de lousa a catro augas. Sostido por catro pés que descansan sobre os muros dunha pequena adega.

Galería da Casa dos Riveras: Prenata recatangular de madeira de castiñeiro, con decoracións e gravados nos panos cegos, nos tornapuntas (ménsulas e capiteis) e na cornisa.

Hórreo da casa de Rairo: Planta cadrada con estrutura e peche de madeira, cuberta de lousa a catro augas, con corredor perimetral pechado. Con anterioridade tiña a cuberta de palla.

Hórreo: planta cadrada con estrutura e peche de madeira. Tornapuntas exteriores, perimetrais e cuberta de lousa e palla a catro augas. Sostido por catro pes que descansan nuns muros dunha posible adega (en ruínas)

Hórreo da Casa de Eiros: Planta cadrada con estrutura e peche de madeira. Cuberta cónica de palla a catro augas.

Hórreo de Ferreiro ou da Cruz do Campo: Planta cadrada con estrutura e peche de madeira, con adornos puntuais e cuberta cónica de palla.

Ponte: pequena ponte que consta dun único arco de medio punto realizado en mampostería de xisto que salva, aproximadamente, 6 metros o cauce dun pequeño río.

Casa Retoral, Muíño, Fonte, Casa de Arango, Casa de Ballestas, Casa de Eiros, Casa de Mariñao, Casa de Palacio, Casa de Penedo, Casa de Piedad, Casa de Queitano, Casa Rectoral, Casa de Riveras, Casa de Sergio, Casa de Toñín, Casa de Vilanova.

Louxas

Loxas está a 18,6 km da Fonsagrada e a 870 m de altitude.

Pódese ver: Igrexa, Celeiro, 2 hórreos, Medorras, Casa de Amable, Casa de Arturo, Casa de Balbino, Casa de Clemente, Casa de Ferreiro, Casa de José, Casa de Luciano, Casa de Luis, Casa de Manolo, Casa de Manuel, Casa de Marcelin, Casa de Medio, Casa de Nicanor, Casa de Riba, Casa de Teodoro, Casa de Villaverde.

Moreira

Poboación a 9,8 km da Fonsagrada e a 600 m de altitude.

Pódese ver: Monte da Coroa, Capela, 8 hórreos, 2 casas de labranza, Casa de Boudón, Casa de Cabanas, Casa de Caxide, Casa de Chinchorio, Casa de Colás, Casa de Felipe, Casa de Ferreirola, Casa de Leituego, Casa de Os Carballos, Casa de Pepín, Casa de Valilla, Casa de Vázquez, Casa de Villar.

Paradiñas

Poboación a 14 km da Fonsagrada e auha altitude de 470 m.

Pódese ver: Capela de San Antón, Casa de Labranza, Pombal, 2 hórreos, Casa de Ramón.

Ribón

Ribón está a 15,6 km da Fonsagrada e a 600 m de altitude.

Pódese ver: Capela de San Miguel, 4 hórreos, Fonte, Casa de Boudón, Casa de Cordo, Casa de Trousa.

San Breixo

Poboación a 13,1 km da Fonsagrada e a 590 m de altitude.

Pódese ver: 2 celeiros, Capela, 5 hórreos, Casa de Labranza, Casa de Barbeitín, Casa de Isidro, Casa de Rodríguez, Casa de Vale.

Seoane

Seoane está a 15,7 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude.

Pódese ver: Capela de Seoane, Celeiro da Casa de López, Castro “As Engrovas de López", Medorras do Carballín, 6 hórreos, 2 fontes, Casa de Álvarez, Casa de Bastián, Casa de Cabo, Casa de Casanova, Casa de Costa, Casa de Enriba, Casa de Josefa do Manco, Casa de Minguxo, Casa de Parceiro, Casa de Pasarín, Casa de Pepín, Casa de Riberas, Casa de Regueira, Casa de Simón, Casa da Taberna.


Susán

A Tumbiadoira

A Tumbiadoira está a 20 km da Fonsagrada. Pódese ver: Casa rural A Roxoa, Casa de Aquilino, Casa de Eladio, Casa de Enrique, Casa de O Mesón.

Valiños

Valiños está a 14,5 km da Fonsagrada.

As Veigas

Esta poboación está a 14 km da Fonsagrada e a 500 m da Fonsagrada. Pódese ver: 2 hórreos, Casa de mon, Casa de Saavedra.

Vilabol de Abaixo

Está a 12,5 km da Fonsagrada e a 630 m de altitude. Pódese ver: Capela, 3 hórreos.

Vilabol de Arriba

Este pobo está a 14,4 km da Fonsagrada e a 720 m de altitude. Pódese ver: Hórreo.

Viladriz

Viladriz está a 25,4 km da Fonsagrada e a 680 m de altitude.

Pódese ver: Medorra da Peza, Medorra de Restrebe, 7 hórreos, Casa de Alonso, Casa de Álvarez, Casa de Bouza, Casa de Díaz, Casa de Santos de Abaixo, Casa de Santos de Arriba, Casa de Susepe, Casa de Xegunde.

Vilanova

Esta poboación está a 15,8 km da Fonsagrada e a 440 m altitude. Pódese ver: Muíño, Tarula o Banzao, Corrizo, Casa de Vilanova.

Vilarín de Pontón

Vilarín está a 16,1 km da Fonsagrada e a 550 m de altitude. Pódese ver: Celeiro, 2 hórreos.

Xunqueira

Esta poboación está a 16,2 km da Fonsagrada e a 760 km da Fonsagrada

Pódese ver: Celeiro, 3 hórreos, Casa de Caldeiro, Casa de Montaña.

Cargando...