• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Freixo, San Xulián de

A parroquia de San Xulián de Freixo ten unha poboación de 165 habitantes distribuídos nos seguintes pobos: A Airexa, O Arco, O Barreiro, Carballoguidín, Castelo, Escamelada, Ferreira de Abaixo, Ferreira de Arriba, Foncuberta, Freixo, A Pedra, A Pereirua, Serra, Travesa, Troncos, Vilanova.

Datos salientables da parroquia:

Extensión: 22,58 km2.

Límites:

- Norte: Vieiro e Paradavella.

- Sur: Baleira.

- Este: Lamas de Moreira e San Pedro de Río.

- Oeste: Baleira

En canto aos pobos:

A Airexa

A Airexa está a 550 m de altitude e a 22 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Igrexa parroquial de San Xulián
Hórreo de Campelo: Construción cadrada de 6x6 m, con estrutura e peche de madeira con corredor semipechado. Está apoiado en catro pes de madeira sobre pilastras de pedra de xisto de distinta altura, adaptándose ao terreo. A cuberta é a catro augas de lousa con un remate de gallo no vértice. As catro esquinas están achaflanadas.
Casa rural “Da Fonte”, Casa de Baixo, Casa de Blanco, Casa de Casanova, Casa de Caseira, Casa de Mon.

O Arco

Este pobo está a 21 km da Fonsagrada e a unha altitude de 670 m.
Pódese ver: Castro “ A Croa do Arco”, Cileiros, Hórreos, Casa de Baixo, Casa de Pin

O Barreiro

O Barreiro está a 14 km da Fonsagrada e a 600 m de altitude.
Pódese ver:

Palloza: Teito de palla e lousa. Construción de planta cadrada de 4x4 m con estrutura e peche de madeira sen corredor. O teito é de palla a “o veo” que cubre todo o hórreo. Unha cuberta destas características pode durar entre doce e quince anos. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra. E Escaleira é de pedra e está separada do hórreo.
Hórreo da Casa Darriba: Construción de planta cadrada de 4x4 m con estrutura e peche de madeira. A cuberta é a catro augas e está formada por pranchas de fibrocemento. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra.
Hórreo da casa de Riba: Construción de planta cadrada de 4x4 m con estrutura e peche de madeira sen corredor. O teito é de palla a “o veo” que cubre todo o hórreo. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra. A escaleira é de pedra e está separada do hórreo.
Hórreo da Casa de Busto: Construción de planta cadrada de 4x4 m con estrutura e peche de madeira. O teito é a catro augas co principio do cumio para abaixo de madeira e resto de lousa ( é o único deste estilo). O corredor é insinuado pero sen acabar de construír. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra. Conserva gardados trobos tradicionais.

Carballoguidín

Pobo situado a 620 m de altitude e a 15,9 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Castro “O Castrón”, Catro celeiros, Hórreo, Casa de Durán, Casa de Salgado.

Castelo

Castelo está a 25,9 km da Fonsagrada e a 640 m de altitude.
Pódese ver: Hórreos, Dous celeiros, Casa de Acolá, Casa de Baixo, Casa de Casanova, Casa de Pin.

Escamelada

Pobo situado a 14,5 km da Fonsagrada e a 720 m altitude.
Pódese ver: Hórreos, Casa de Baixo, Casa de Maxide, Casa de Otilia.

Ferreira de Abaixo

Ferreira de Abaixo está situada a 500 m de altitude e a 13,1 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Castro “A Coroa do Castro”, Celeiro, Hórreos, Fonte, Casa de Campo, Casa de Picote, Casa de Regueiro, Casa de Rellán, Casa de Severeanín.

Ferreira de Arriba

Este pobo dista 13 km da Fonsagrada e está a 620 m de altitude.
Pódese ver: Capela da Ascensión, Celeiro, Duas fontes,
Capela de Llan: Este santuario é unha ermida de nave e prebiterio máis elevado. Posúe un retablo de estrías helicoidais coas tallas da Nosa Señora de Llan co Neno, San Ramón e San Lourenzo. Ten un cáliz de prata do século XXVIII.
Hórreo da Casa de Saavedra: Construción de planta cadrada de 6x6 m con estrutura e peche de madeira ben traballada. A cuberta é de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra.
Hórreo de Busto: Construción de planata cadrrada de 4x4 m co estrutura e peche de madeira. O teito é a catro augas co principio do cumio para abaixo de madeira e o resto de losa. O corredor está insinuado pero sen acabar de construír. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra.
Casa de Casarada, Casa de Castonsa, Casa de García, Casa de Saavedra.

Foncuberta

Foncuberta está a 700 m de altitude e a 20,5 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Celeiros, Hórreos, Casa de Blanco, Casa de Caseto, Casa de Rivas, Casa de Veiga.

Freixo

Esta poboación está a 22,5 km da Fonsagrada e a 550 m de altitude.
Pódese ver: 2 Celeiros, Hórreos, Casa de Campo, Casa de Cayetano, Casa de Coto, Casa de Díaz, Casa de Dorado, Casa de Farruco, Casa de Macía, Casa de Rodíriguez, Casa de Saavedra, Casa de Torre, Fonte.

A Pedra

Este pobo está a 50 m de altitude e a 24 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Hórreo, Fonte, Casa de Baixo, Casa de Celeiro, Casa de Mera.

A Pereirua

A Pereirua está a unha distancia de 24,1 km da Fonsagrada e a 590 m de altitude.
Pódese ver: Castro de Pereirua, Capela, Hórreo, Casa de Derriba.

Serra

Este pobo sitúase a 22,5 km da Fonsagrada e a 705 m de altitude.
Pódese ver: Celeiros, Casa de Boudón, Casa de Lelo, Casa de Pandelo.

Travesas

Travesas está a 660 m de altitude e a 19,8 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Hórreos, Casa de Castañeira, Casa de celeiro, Casa de Derriba, Casa de Roxo, Casa de Teleiro.

Troncos

Este pobo está a 725 km da Fonsagrada e a 21,7 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Hórreo, Casa de José María, Casa de Maestra, Casa de Xastre.

Vilanova

Vilanova está a 440 m altitude e a 21 km da Fonsagrada
Pódese ver: Celeiros, Hórreos, Casa de Carballo, Casa de Coto.

Cargando...